Carné de Manipulador de Alimentos en liña, hoxe mesmo
Le o curso, aproba o test de 10 preguntas e recibe o teu Certificado + Carné de Manipulador de Alimentos de Alto Risco no teu email. Non pagas nada ata ter aprobado. Curso e exame en galego; o certificado é válido en toda España.
- Un só carné para hostalaría, comercio, industria, comedores e reparto
- Válido en toda España (Reg. CE 852/2004 e RD 109/2010)
- Curso e exame gratis, sen rexistro
- 20 % de desconto ao renovar
Xa estudaches? Ir directamente ao exame

Consegue hoxe o teu Certificado + Carné
Les o curso
10 unidades curtas e claras, ou o manual completo en PDF. Desde o móbil, a tableta ou o ordenador, ao teu ritmo.
Aprobas o exame
Test en liña de 10 preguntas. Gratis e cos intentos que necesites: as preguntas cambian cada vez.
Recibes o teu carné
Pos o teu nome e o teu DNI, pagas 16,95 € e recibes en minutos o Certificado + Carné en PDF, con número único verificable.
Comproba en 30 segundos se está en vigor
O noso certificado vale 4 anos e leva a data impresa. Se o sacaches connosco, mira ata cando é válido; se o sacaches noutro sitio, responde a tres preguntas e dicímosche se che convén renovalo.
Que inclúe
- Curso completo de Manipulador de Alimentos de Alto Risco (10 horas), con manual en PDF.
- Exame en liña gratuíto, sen rexistro.
- Certificado de formación en PDF, asinado polo titor, con número único.
- Carné recortable para levar enriba.
- Verificación pública do certificado: calquera empresa ou inspector pode comprobalo nesta web.
- Envío inmediato ao email ao confirmar o pagamento (Bizum ou tarxeta).
- Dúbidas por WhatsApp co titor.
Sodes varios? Descontos para empresas e grupos desde 2 persoas.
Nivel alto risco: vale para calquera traballo con alimentos
Hai carnés «de baixo risco» ou dun só sector que deixan de servir ao cambiar de posto. O noso é de alto risco e multisectorial: cobre desde a cociña dun restaurante ata a caixa dun supermercado, e é teu, non da empresa. Se cambias de traballo, entregas unha copia e segue valendo.
Toda persoa con contacto directo cos alimentos debe estar formada en hixiene alimentaria, e a empresa debe poder demostralo (Reg. CE 852/2004).
Validez en toda España
Desde o Real decreto 109/2010 xa non existe un carné oficial expedido pola Administración: a formación dos manipuladores é responsabilidade da empresa alimentaria e pode impartila calquera entidade de formación. O noso certificado acredita que superaches a formación en hixiene e seguridade alimentaria conforme á normativa europea e española, e é o documento que a empresa garda para a inspección sanitaria.
Non existe o carné «oficial» nin «homologado»
Verás webs con escudos do Goberno e a palabra «homologado». Desde 2010 ningunha Administración expide nin homologa carnés de manipulador; dío a propia AESAN. Por iso aquí non atoparás logos oficiais: o que vale é a formación que recibes e quen a asina.
O que di a lei
O Real decreto 109/2010 derrogou o carné oficial. A empresa alimentaria é a responsable de que os seus manipuladores estean formados, e pode acreditalo coa formación de calquera entidade.
Real decreto 109/2010 · Regulamento (CE) 852/2004
O que mira o inspector
Que exista un certificado cos contidos da formación, asinado e selado por quen a imparte, e que sexa axeitado ao posto. O noso certificado detalla os contidos e verifícase en liña co seu número ou o código QR.
Criterio publicado pola AESAN sobre formación de manipuladores
O que che damos nós
Un curso completo de alto risco, un exame de verdade, un titor que é cociñeiro e formador titulado, e un certificado con validez de 4 anos do que che avisamos cando toque renovar.
Sen subscricións, sen cargos ocultos, sen letra pequena
Un titor de verdade, non unha plataforma automática
O teu titor é cociñeiro e formador titulado: Técnico Superior en Restauración e Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, Certificado de Profesionalidade de Docencia da Formación Profesional para o Emprego (SSCE0110) e formación de 400 horas en riscos derivados da manipulación de alimentos. Cociñeiro e xefe de cociña entre 2005 e 2017; desde 2017, titor en liña de cursos de hostalaría, seguridade alimentaria, alérxenos e APPCC para empresas de formación de toda España, con máis de 6.000 horas de titoría.
Se tes unha dúbida durante o curso, escríbelle por WhatsApp ao 600 39 93 48 (en galego ou castelán).
Preguntas frecuentes
Teño que pagar para facer o curso ou o exame?
Non. O curso e o exame son gratuítos e non piden rexistro. Só pagas os 16,95 € se aprobas e queres recibir o teu Certificado + Carné.
Canto tarda en chegar?
Con Bizum ou tarxeta, o PDF xérase no momento e recíbelo no teu email en minutos. Por transferencia, en canto comprobamos o ingreso (normalmente o mesmo día laborable).
É válido ante unha inspección de Sanidade?
Si. A normativa (Reg. CE 852/2004 e RD 109/2010) esixe que os manipuladores estean formados en hixiene alimentaria e que a empresa poida acreditalo; non existe un carné oficial da Administración. O noso certificado leva número único e pode verificarse nesta web.
Caduca?
O noso certificado ten unha validez de 4 anos, que figura impresa no propio documento. A lei non fixa un prazo, pero esixe formación continuada, e as empresas e inspeccións piden unha data recente. Un mes antes de que venza avisámoste por email para que o renoves en 10 minutos. Podes comprobar aquí se o teu carné está en vigor.
Que diferenza hai entre o certificado e o carné?
Ningunha en validez: o certificado é o documento tamaño A4 que se garda na empresa e o carné é o formato tarxeta para levar enriba. Recibes os dous no mesmo PDF.
E se non aprobo?
Podes repetir o exame tantas veces como necesites, sen custo. Indicámosche que unidades repasar.
O certificado está en galego?
O curso, o exame e esta web están en galego. O certificado e o carné expídense en castelán, porque son os documentos que a empresa garda para a inspección sanitaria en toda España, cunha liña en galego que describe o que certifican.