Para traballadores

Está o teu carné de manipulador en vigor?

O noso certificado ten unha validez de 4 anos (a data vai impresa no documento). Compróbao aquí e, se toca renovar, o curso é gratis e o exame faise en 10 minutos.

Saqueino en Social Chef Formación

Escribe o número do teu certificado e o teu DNI e dicímosche ao momento se está en vigor e ata cando.

Saqueino noutro sitio (ou non me lembro)

Non existe un rexistro oficial de manipuladores, así que non podemos consultar carnés doutras entidades. Responde a estas tres preguntas e dicímosche se che convén renovalo. Lembra: o carné é teu, non da empresa; cambiar de traballo non obriga a renovalo.

O teu carné era de «baixo risco» ou dun sector concreto (por exemplo, só comercio) e agora traballas en cociña ou noutro posto de alto risco?
Hai máis de 4 anos que o sacaches?
Tes o certificado á man (en PDF ou en papel)?

Dúbidas co titorRespondo de 9 a 14 h e, de luns a xoves, de 17:30 a 20 h
Scroll ao inicio