Empresas, academias e grupos

Prezos para grupos

Se sodes varias persoas da mesma empresa, familia ou grupo de amigos, o prezo por persoa baixa. Cada persoa fai o curso e o exame pola súa conta e, ao final, faise un único pagamento con factura a nome da empresa se se desexa.

N.º de persoas Prezo por persoa (IVE incluído)
1 persoa 16,95 €
De 2 a 4 15,95 €
De 5 a 15 14,95 €
De 16 a 50 13,95 €
Máis de 50 11,95 €

Como funciona

  1. Cada persoa do grupo le o curso e aproba o exame en liña (gratis, sen rexistro).
  2. Escribídesnos co nome e o DNI de cada persoa e os datos de facturación.
  3. Enviámosvos unha ligazón de pagamento única polo importe total (Bizum, tarxeta ou transferencia).
  4. Cada persoa recibe no seu email o seu Certificado + Carné en PDF, e a empresa recibe a factura.

Escribir por email   WhatsApp 600 39 93 48

Para empresas de hostalaría e alimentación

A empresa alimentaria é a responsable de que todos os seus manipuladores estean formados (Reg. CE 852/2004). Co certificado de cada traballador e un rexistro de formación, tedes cuberta esa obriga ante unha inspección. Se queredes, preparámosvos tamén o rexistro de formación do persoal.

Dúbidas co titorRespondo de 9 a 14 h e, de luns a xoves, de 17:30 a 20 h
Scroll ao inicio