Empresas, academias e grupos
Prezos para grupos
Se sodes varias persoas da mesma empresa, familia ou grupo de amigos, o prezo por persoa baixa. Cada persoa fai o curso e o exame pola súa conta e, ao final, faise un único pagamento con factura a nome da empresa se se desexa.
| N.º de persoas | Prezo por persoa (IVE incluído) |
|---|---|
| 1 persoa | 16,95 € |
| De 2 a 4 | 15,95 € |
| De 5 a 15 | 14,95 € |
| De 16 a 50 | 13,95 € |
| Máis de 50 | 11,95 € |
Como funciona
- Cada persoa do grupo le o curso e aproba o exame en liña (gratis, sen rexistro).
- Escribídesnos co nome e o DNI de cada persoa e os datos de facturación.
- Enviámosvos unha ligazón de pagamento única polo importe total (Bizum, tarxeta ou transferencia).
- Cada persoa recibe no seu email o seu Certificado + Carné en PDF, e a empresa recibe a factura.
Escribir por email WhatsApp 600 39 93 48
Para empresas de hostalaría e alimentación
A empresa alimentaria é a responsable de que todos os seus manipuladores estean formados (Reg. CE 852/2004). Co certificado de cada traballador e un rexistro de formación, tedes cuberta esa obriga ante unha inspección. Se queredes, preparámosvos tamén o rexistro de formación do persoal.